Trofeo Manuel de Castro | Vota aos tres mellores xogadores de 2019



Obxetivo

Moiceleste El Fútbol es Celeste xunto a Peña Celtista Siareiros.net  elixirán de novo ao mellor xogador do Celta durante o ano natural 2019 contando cos votos de afeccionados, xornalistas, técnicos e xogadores. O premio entregarase durante o mes de xaneiro, nunha data por determinar e previamente anunciaranse aos tres xogadores máis votados, e por tanto, candidatos ao Trofeo. O futbolista elixido será o gañador do IX Trofeo Manuel de Castro "Hándicap", correspondente ao ano 2019 e cuxos anteriores gañadores son Álex López (2011), Iago Aspas (2012), Augusto Fernández (2013), Nolito (2014), Orellana (2015) e Iago Aspas (2016, 2017 e 2018).

* Clasificación ano 2015
* Clasificación ano 2016
* Clasificación ano 2017
* Clasificación año 2018


Nomeados

Poderase votar entre 12 candidatos, sendo estes aqueles que disputasen polo menos un terzo dos minutos totais que disputou o Celta en partidos oficiais durante o ano 2019. Os partidos resultantes serían 21 partidos correspondentes á liga Santander 2018-19, 18 partidos correspondentes á liga Santander 2019-20 e 1 partido da Copa de S.M. El Rey 2019-20. O mínimo de minutos esixidos serán 1.200. A lista de nomeados exponse máis abaixo.



Bases das votacións

1. Votaranse a tres xogadores que recibirán 5, 3 e 1 punto respectivamente.

2. Só serán válidos os votos que conteñan tres xogadores distintos da lista de nomeados. Non se contarán votos que non conteñan tres xogadores e/ou algún xogador sexa votado en dúas posicións distintas.

3. Só contaranse os votos emitidos no formulario que se atopa ao pé desta entrada. Non se contabilizarán os votos en comentarios, Twitter, Facebook, correo electrónico e similares.

4. Os votos de técnicos, xogadores e xornalistas manteranse ocultos ata o momento de dar a coñecer o gañador.

5. Os votos duplicados serán considerados nulos, non valendo ningún dos dous.

6. Os organizadores resérvanse o dereito de arbitrar e decidir que votos non serán válidos tomando en conta as bases.



NomeMinutosPart.GolesAsis
Rubén Blanco342038-59-
Nestor Araujo30913541
Hugo Mallo30503702
Lobotka29423700
Iago Aspas244028172
Lucas Olaza23362613
Brais Méndez21623422
Okay19572410
Maxi Gómez17192051
Aidoo15021700
Boufal13462012
Fran Beltrán13432810


Datos e estadísticas de @CeltaHistoria

powered by Typeform

0 comentarios:

Publicar un comentario