O Celta informou este xoves aos seus abonados e siareiros dos principais actos do centenario, que celebra o clube celeste durante este ano 2023.
- Academia Play
Activen as súas alarmas para hoxe ás 19:23h porque a canle de historia en castelán con máis seguidores en Youtube, compartirá cos seus 3 millóns de suscriptores á historia do RC Celta. Deixámosche o enlace ao vídeo aquí.
- O mellor 11 desde 1923
Axudáchesnos a elixir a mellor aliñación desde a fundación do club, pero atentos que non remata ahí, Estrella Galicia está preparando algo moi especial que contarémosvos nos próximos días.
- Reencontro de xuvenís
Deste ano en diante producirase unha emotiva reunión do equipo xuvenil de 23 anos atrás para coñecer de primeira man as vivencias de aqueles xogadores. A primeira terá lugar este mesmo domingo no partido ante o Real Valladolid CF.
- Charlas na Uvigo
Comunicación, marketing, finanzas… unha serie de ‘masterclasses’ con directivos do club, patrocinadores, colaboradores, etc. coa cooperación da Facultade de Comunicación da Uvigo e Érték Conference.
- Conferencias ‘Fútbol de Salón’
Figuras destacadas do fútbol pasarán por lugares emblemáticos coma o Salón Regio para compartir as súas vivencias, historias e coñecementos cos asistentes nunha edición especial das charlas ‘Fútbol de Salón’.
- Fases finais Liga Genuine
Do 14 ao 16 de abril, as instalacións deportivas de A Madroa acollerán unha das fases finais da Liga Genuine. O equipo Celta Integra poderá compartir tódala súa Afouteza coa afección celeste.
- ‘Invasión Centenario’
Haberá tamén unha actividade para toda a familia, ‘Invasión Centenario’. A habitual carreira popular da Fundación Celta de Vigo ofrecerá unha edición especial conmemorativa dos 100 anos de vida do club.
- Museo e Tour
Na primavera verá a luz un dos proxectos ‘estrela’ deste 2023: o Museo e Tour Centenario. Un percorrido pola historia celeste, lendas, anécdotas, momentos especiais para coñecer e desfrutar dos 100 primeiros anos de vida do RC Celta e tamén acceder aos rincóns máis exclusivos do estadio de Abanca Balaídos.
- Gran Concerto da Coral Casablanca
‘Gran Concierto del Centenario’ da Coral Casablanca que, o 9 de maio no Teatro Afundación de Vigo, presentará un repertorio especial para a ocasión, con varias sorpresas que farán del un concerto inesquecible.
|
|
0 comentarios:
Publicar un comentario