As peñas esixen ao Concello que solucione os problemas de seguridade de Balaídos


As peñas do Celta toman a palabra esixindo ao Concello que solucione os problemas de seguridade nas gradas de Balaidos expostos o pasado venres tra-la publicación de fotos do perigoso estado da grada de Marcador por parte de varios siareiros celestes. 

“Membros da Federación de Peñas comprobaron de primeira man os perigos que supoñen as deficiencias estruturais no estadio, sobre todo na grada de Marcador”, e engade que “a Federación xa presentou tempo atrás por rexistro unha petición ao Goberno municipal para solicitar seguridade no campo”. 

Ademáis, tamén esixen solucións “para a grada de Gol que comeza a sufrir os mesmos desperfectos que no caso de Marcador, debido á falta de mantemento da estrutura”. 

Lembremos que no día de onte coeñceuse que o Concello actuará para poñer solución a estos problemas mentras agarda a que se licite a obra para o derrubo e posterior construccións dos novos fondos de Balaídos. 


0 comentarios:

Publicar un comentario