Inaugurada a Rúa do Celta na Guarda


Foto: La Voz de Galicia
Está mañá levouse a cabo a inauguración da nova rúa do Celta na Guarda, que a iniciativa da Peña Celtista do Baixo Miño sustitúe a antes chamada terceira transversal Bechos. Á inauguración asistiron Sergio Álvarez e Radoja, acompañados de Carlos Mouriño. Tamén estivo na mesma o alcalde de Vigo, Abel Caballero. 

O presidente céltico dixo, segundo recolle La Voz de Galicia que “é un orgullo, unha satisfacción e un compromiso que nos obriga a estar máis pendentes de todo o que pasa ao noso redor e coa nosa afección”. 

A placa da rúa leva incluido o escudo da entidade, ademáis do trisquel que tradicionalmente loce nas costas da camisola, e que o propio Mouriño vinculou coa localidade da Guarda cando deu o pregón das Festas do Monte. 

0 comentarios:

Publicar un comentario