O derbi poderá seguirse en galego a través de BeIN La Liga


A RTVG anunciou este sábado que o derbi poderá seguirse en galego a través da canle BeIN Sports La Liga. É habitual xa que se poida silenciar a narración da canle para escoitar as retranmisións a través da COPE, e incluso en catalán, pero ata o de agora non se podía seguir en galego. 

Pois ben, polo menos o partido de mañá poderá seguirse en galego, coa narración que Jaime Torres e Xaime Escudeiro farán na Radio Galego, que contará tamén coas intervencións de Pedro Pablo Alonso, César Méndez, ademáis dos comentarios de Moncho Carnero, Peli, Xosé Manuel Traba e o árbitro Xulián Suárez Fuentes. 

A canle de pago BeinSports ofrecerá a posibilidade de sintonizar a narración simultánea do equipo da Radio Galega, polo que a transmisión televisiva do derbi poderá escoitarse en galego. O seguimento aos equipos comezará ás 16.00 h., e continuará tras o encontro recollendo a opinión dos adestradores e dos xogadores na zona mixta.

0 comentarios:

Publicar un comentario