Tódolos prezos da nova Campaña de Abonados do Celta


Baixo o lema “ensinémoslle ao mundo o significado de afouteza” arrancará mañá a campaña de Abonados do Celta para a tempada 2016-17. A nova directora de marketing do club presentou a nova campña que conta coa novidade de ter  dous tipos de abono; O Total, que inclúe Liga, Copa do Rey e Europa League, e o básico, no que soamente entra Liga e Copa. 

Como xa se anunciu, hai unha subida do 10%, que nalgunha grada é máis.  Unha das novidades e que se pode financiar en 12 meses sen necesidade de pertencer a Abanca. Un grande avance con respecto a outros anos. A campaña presenta un desconto do 5% para aqueles que renoven antes do 30 de xuño, que ademáis estarán exentos de pagar suplemento nos denominados “días do club”. Os descontos para familias e accionistas mantéñense, pero non se pode acumular. 

Qué vos parecen os cambios? ¿Estades dacordo coa suba? 




0 comentarios:

Publicar un comentario