Longa vida á selección galega


Foto: Atlántico Diario
A selección galega non rematará aquí. A proba gustou na Federación Galega de Fútbol, que tratará de continuar nos vindeiros anos unha tradición retomada despois de case oito anos de ausencia da irmandiña. Ó remate do partido Louzán, o presidente da Federación, asegura que “hai que continuar coa selección. A mín gústanme os retos e imos seguir traballando. Tamén coa feminina”, revelou, prometendo traballar para que as dúas seleccións sigan tendo presenza. 

O propio Louzán dixo diante das cámaras da TVG que lle gustaba moito a data elixida: “Nesta época hai solo, no nadal está todo máis escuro. Acertamos porque este é o mes das flores”, comentaba mentras se celebraba o partido, algo co que tamén concordaba Joselu, pero por outros motivos: “Dende o primeiro momento quería xogar este partido. Que o seguinte non sexa no Nadal, que hai Boxing Day”. 

Os 18.000 siareiros presentes no estadio municipal de Riazor parecen darlle razón á federación, que seguirá insistindo na celebración deste tipo de amigables cos que a afección galega poida seguir desfrutando dos seus. 

0 comentarios:

Publicar un comentario