A Federación Galega de Fútbol anunciou este sábado de xeito oficial a nova camisola da selección galega, que vestirá Nike no partido ante Venezuela.
Unha camisola baseada, segundo indica a Federación no seu portal web, na que luciu a selección alá polos anos 20, concretamente en 1922. A camisola é totalmente branca, cuns detalles nos hombreiros, coas iniciais da Federación Galega de fútbol e catro cruces que representan ás catro provincias galegas.
A cor azul celeste coa que se identifica a Galicia gaña presencia na parte traseira, sendo o tono elixido para o nome dos xogadores, para o número e para a identificación propia da comunidade, coa palabra Galicia, que aparece ben destacada debaixo do dorsal.
A bandeira galega estará presente tamén na camiseta, estampada por enriba do nome do xogador, na parte traseira da camiseta. Ademáis, o pantalón será celeste e as medias brancas, formando tamén así os cores de Galicia.
Segunda equipación
Ademáis tamén se presentou unha segunda equipación, cun deseño totalmente diferente. A camiseta combina dous tonos azuis, de claro a escuro, cun diseño a cadros e cunha parte traseira totalmente en azul marino. Tanto o pantalón como as medias serán de cor azul marino.
A camiseta estará a venda nos vindeiros días en centros e tendas especializadas, e tamén se poderá mercar directamente a través da web oficial da federación galega.
0 comments:
Publicar un comentario