Ofertas especiais na tenda do Celta polo día da nai


A tenda do Celta celebra o Día da Nai con ofertas especiais en distintos produtos téxtiles deseñados por Adidas. Estes prezos promocionais son acumulables ao 10% de desconto ao que dá dereito o carné de abonado.

Os afeccionados poden aproveitar a ocasión para adquirir a prezo reducido a parka, o chubasquero, o chándal, o pantalón de adestramento, o primeiro equipamento ao completo ou as camisetas de porteiro, todos eles produtos oficiais do RC Celta. Ademais, todas as compras realizadas na tenda de Balaídos durante a promoción recibirán de agasallo unha pulseira exclusiva con deseño conmemorativo do Día da Nai (ata fin de existencias).

Esta campaña estará vixente ata o luns 2 de maio, tanto na tenda oficial do estadio (horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a sábado) como na web www.tiendacelta.com

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario