Íñigo López xogará no Huesca a vindeira tempada


Iñigo López deixa o Córdoba, a onde chegou o pasado verán e ficha pola Sociedad Deportiva Huesca, que celebra o seu regreso á categoría de prata coa fichaxe do rioxano, que pertenceu ó Celta durante a tempada 2012-13, cedido polo PAOK de Salónica grego. Íñigo namáis xogou 9 partidos co Celta, marcando un gol ante o Valencia, pero deixou boas lembranzas polo seu traballo e a súa profesionalidade. 

Antes de xogar en Vigo, Íñigo López, irmán do tamén futbolista Jorge López, xogou no Logroñés, Las Rozas, Atlético de Madrid B, San Sebastián de los Reyes, Alcorcón, formando parte daquel equipo que goleou ó Real Madrid na Copa do Rei, e Granada, con quen ascendeu a Primeira División na famosa eliminatoria perante o Celta. Posteriormente firmou polo PAOK grego, onde non tivo moita sorte. 

Á hora de fichar pola SD Huesca, tivo en conta aspectos máis importantes que o económico, xa que varias fontes apuntan a que tiña mellores ofertas, pero decantouse pola oferta dos aragoneses valorando outros aspectos. 

0 comentarios:

Publicar un comentario