Afortunadamente, esta sección xa acumula unha boa cantidade
de historias. Cada unha delas, narrada por persoas ben diferentes cun nexo en común:
o Real Club Celta de Vigo. De entre todas as contadas, poucas haberá coma esta.
Dende hoxe, Lorenzo Fernández Carrera, nado no barrio vigués de Lavadores hai
67 anos, convértese no protagonista máis lonxevo do Rincón do Celtista.
Accionista, socio número 439 e tan só un par de décadas máis novo ca entidade,
a súa memoria garda multitude de recordos celestes. Ascensos, descensos,
clasificacións europeas e infinidade de vivenzas persoais imposibles de esquecer.
Como aquela viaxe á Coruña no ano 1964 na que o coche de 9 prazas no que
viaxaban rematou coas rodas pinchadas por culpa dunha pegatina desas que non se
deben lucir na cidade herculina. Por sorte, catro integrantes eran mecánicos e
conseguir arranxar a desfeita. Porén, non puideron facer nada co vertido de
aceite que rematou co vehículo estampado contra un poste eléctrico. O noso
protagonista foi dos máis perxudicados no accidente, quedando ingresado no
sanatorio de Santa Rita en Pontevedra. Todo polo Celta.
ACTUALIDADE
Das por bo o punto conseguido ante o Getafe?
Sí. Sempre e bo sumar un punto nas
condicions clasificatorias nas que está o equipo, máxime cando os rivais que
marcan o descenso non conseguiron gañar.
Debido ao gol inicial
dos azulóns, o Celta tivo que remar a contracorrente unha vez máis. Que lle
está a pasar ao celestes nos comezos de partido en Balaídos?
Debido a situación actual, o Celta sae con máis
responsabilidade en Balaidos e iso provoca que se cometa algún erro que as
veces os rivais saben aproveitar. Logo,
a base de esforzo e bo xogo, se consiga remontar, como ven ocurrindo
últimamente.
A diana visitante:
mérito de Lafita ou erro defensivo?
Metade mérito de Lafita, que axustou o balón ao pau, e
metade erro defensivo.
Que acontece con
Borja Oubiña? Preocúpate o seu baixo nivel?
Para min Borja Oubiña
foi e segue sendo un xogador fundamental no Celta , o cal non quere decir
que en algún momento atravese un baixón, algo que no futbol e no deporte en
xeral ocórrelle a todos. Pero tamén hai que decir que aquí a práctica e
exisirlle máis aos da canteira que aos foráneos. Proba delo é que Oubiña ten
sido en moitos partidos o xogador máis destacado e poucas veces dende a bancada
se lle recoñece ese mérito.
O capitán foi substituido
por Krohn-Dehli na segunda metade e o dinamarqués deulle unha velocidade máis
ao xogo. Consideras que, visto o pobre rendemento de Oubiña nas últimas datas,
debe ter continuidade nesa demarcación?
Oubiña vén atravesando un momento difícil, pero non sería eu
a persoa indicada para dicir se debe ter continuidade ou non, dado que esa é unha
labor exclusiva do adestrador, quen día a día está corrixindo, ensinando e
observando a evolución dos xogadores.
Agora, para min, se Oubiña se atopa en disposición de xogar, a día de
hoxe segue sendo imprescindible no Celta.
O que non para de
destacar e Rafinha. Novo partidazo do fillo de Mazinho. Tras un inicio
dubitativo, esperabas semellante nivel do hispano-brasileiro?
Eu sí, dado que ten unha calidade contrastada nas categorías
inferiores do Barcelona e proba delo é que, tan pronto o equipo se acoplou,
xogadores como Rafinha son chamados a estar un peldaño por riba do resto da
plantilla.
Non se pode dicir o
mesmo de Nolito, quen no termina de arrancar. Estás decepcionado polo
rendemento do gaditano?
Decepcionado non.
Nolito está chamado a ser un xogador determinante, pero se empeña
demasiado en xogar para el mesmo e iso o leva á frustración.
Que opinas da fichaxe
de Wellinton? Pensas que ten sentido contratar a un futbolista que precisa dun
mes para porse en forma?
Penso que está ben fichado. Eso depende do rendemento do
xogador de aquí o final da tempada.
Que che pareceu a volta de Roberto Lago a Balaidos? Gardas
bo recordo del?
Gardo un bo recordo del porque o tempo que militou no Celta
sempre suou a camiseta e deu o rendemento que del se podía esperar. Con mais ou
menos acerto, pero sempre puxo o seu
pundonor. É por iso o que non se entende que parte da bancada tivera un
comportamento tan agresivo cara a súa persoa.
Titula o Celta 1-1
Getafe
Dominio infructuoso do Celta.
Elche é a próxima
parada. Fóra da casa, ante un rival directo e cun importante colchón de puntos
detrás, asinarías o empate?
Non. Botando una ollada aos últimos encontros forá da casa, inclinaríame
por una victoria, e se non é posible, 1 punto sempre é positivo.
Sen Álex López e
Nolito, e coa dúbida de Charles, por qué once apostarías ante os ilicitanos?
Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Oubiña, Krohn-Delhi,
Augusto Fernández; Rafinha,Orellana e Mina.
O Betis a 16 puntos,
o Rayo a 10 e o Valladolid, que pecha a zona de descenso, a 8. Que porcentaxe
da permanencia crees que xa acadou o Celta?
Un 90%.
Fai un pronóstico do
Elche – Celta
1-2
Cantos puntos serán
precisos para salvarse esta tempada?
40 puntos.
Que tres equipos
descenderán a Segunda División?
Betis, Valladolid e
Rayo Vallecano.
EL TEST DEL CELTISTA
Dende cando e por que
es celtista?
Dende que teño uso de razón. Son celtista porque meu pai era
árbitro de categoría nacional e cando non tiña que pitar me levaba ao Celta
dende os 6 anos.
Un momento
inesquecible?
A primeira
clasificación para xogar a UEFA con Juanito Arza de adestrador.
Un momento para esquecer?
O descenso a Segunda B.
O mellor xogador que
viches?
Alexander Mostovoi.
Un gol para lembrar?
Teño moitos, pero quédome co de Natxo Insa contra o Espanyol polo que significou.
O mellor adestrador
que pasou por Balaídos?
Pedro Rodolfo Dellacha,
tempada 1972-1973.
O mellor once da
historia do Celta? (*) Non teñen por que ter coincidido os futbolistas no mesmo
equipo.
Cañizares; Michel Salgado, Manolo, Djorovic, Juanfran; Mazinho,
Makelele; Karpin,Mostovoi, Gustavo López; Penev.
Gudelj ou Penev?
Penev
Manchev ou Cellerino?
Ningún dos dous.
A mellor bancada do
estadio?
Rio Baixo.
Un cántico ou unha
canción?
“Dixolle o sobriño ó tio…”
Unha frase ou consello
publicitario de Antón López (antigo speaker de Balaídos)?
“¡¡¡Amigos, coma non, coma sempre, o de sempre: HALAAAA
CELTAAA!!!”
Define ao Celta nunha
frase
Por tradición, o equipo de Galicia e dos galegos.
0 comments:
Publicar un comentario