![]()  | 
| Ilustración: Pablo Rosendo | 
A peña celtista siareiros.net, segue a fomentar o celtismo cunha novedosa iniciativa que pretende achegar o celtismo ós máis pequenos. O motivo é a colocación de dous murais de nadal en dous colexios de Vigo para que os nenos poidan poñerse por detrás e sacar só a cara, co fin de formar parte do mesmo para poder face-la foto. Os murais foron colocados nos colexios CEIP “Seis do nadal”  e máis no CEIP “García Barbón”. 
Como indican a través da súa páxina web, a idea fundamental desta iniciativa e a de "fomentar o celtismo” nos/as nenos/as dos coles. O noso Celta é o principal equipo da cidade, onde xogan en cada partido unha alta porcentaxe de xogadores de Vigo e Galicia. Consideramos que para os/as nenos/as que lle guste o fútbol é máis positivo e representa máis valores ser siareiro do equipo da súa cidade, independentemente que gañe ou perda ou xogue en segunda ou primeira". 
O debuxo é obra de Pablo Rosendo, a quen coñeceredes polas caricaturas que soe facer para o Celta antes de cada partido. 
![]()  | 
| Mural colocado no CEIP García Barbón | 
| Mural colocado no CEIP Seis do nadal | 




.jpg)
0 comments:
Publicar un comentario