Convocatoria ao celtismo: #NonNosRendemos



Di o refraneiro popular que cando un se cae sempre está obrigado a erguerse. En Vigo, cidade esixente por natureza, fixemos dese dito o noso particular lema. Noventa anos de historia nos que o sufrimento e as bágoas de angustia eran os nosos compañeiros de viaxe. Claro que de cando en vez adornados por un sorriso, pero o certo é que o noso sempre foi a loita contra todo tipo de tempestades para intentar obter, todo mes de xuño, unha permanencia, unha promoción ou, se as cousas non ían de todo mal, un lugar en Europa. Pero sempre loitando ata o final, sabendo que ninguén ía dar nada por nós e erguéndonos cada vez que tropezabamos. Así somos e así seremos sempre. 

A oito partidos do final, a situación é límite. Non hai marxe de erro. Pero #NonNosRendemos. E vós, celtistas, xogades agora un papel fundamental. Vós sodes agora os protagonistas. O voso alento e o voso ánimo é necesario e obrigado para un equipo que o luns afronta a súa primeira final a vida ou morte. 

Polo tanto, e porque #NonNosRendemos, querémosvos convocar o próximo domingo a partir das 11 da mañá en A Madroa. Alí o Celta fará o último adestramento antes do choque ante o Mallorca. A vosa presenza é fundamental para que o equipo note que non está só, que conta con todo o apoio. 

#NonNosRendemos

Convocan:

MEDIOS:

NoticiasCelta.com

MoiCeleste.com

El Fútbol es Celeste

MeuCelta.com

DelCelta.com

Yojugueenelcelta.com

PEÑAS:

Arribada Celeste

Irmandiños

Siareiros.net

Carcamáns Celestes

Preferencia Celeste

Morriña Celeste

Centolos Celestes

Peña SuperMario Celeste

Peña Lío en Río

Peña Jorge Otero

Celtílikos

Comando Celta

Siareiros Dezaos

Merlegos Celestes

Peña Iago Aspas

Peña Zeru-Urdin

0 comentarios:

Publicar un comentario