Vila: "Cando conseguimos tocar o balón dúas ou tres veces seguidas somos perigosos"


ALBERTO LIJÓ 

Jonathan vila foi o único xogador que pasou por rolda de prensa esta noite despois da victoria do Celta diante do Wigan no xa tradicional Trofeo Memorial Quinocho. O porriñés destacou a superioridade do Celta sobre o conxunto inglés: "Penso que fomos superiores, tivemos varias ocasións para facer gol e un tiro ó longueiro na primeira metade. Levamos a maior parte do peso e conseguimos acada-la trofeo, que era unha boa pedra de toque. Quedamos con boas sensacións", razoa o canteirán. 

Se ben é certo que o Celta foi superior no global do partido, a saída ó terreo de xogo non foi a mellor. Vila recoñece este feito: "ó principio quizáis nos sorprenderon un pouco, pero falamos entre nós e axustamos e conseguimos frealo. O máis importante é tentar facer o noso fútbol, sin preocuparnos do rival, son as consignas que tentamos que levar e deron os seus froitos", explicou. 

Unha vez superado ese bache inicial, apareceu o xogo elaborado e combinativo do que fixo gala o equipo durante a pasada tempada: "En canto demos dous ou tres toques de balón seguidos e estamos 100% concentrados, somos un equipo perigoso, con xogadores de toque e unha movilidad que fai dano ós rivais", suliñou Vila. O porriñés foi titular no centro da zaga, ao carón de Gustavo Cabral, e sería sustituído na segunda metade por Samuel, xogador co que pelexará por un posto no once inicial ante o Málaga. 

0 comments:

Publicar un comentario