Publicado por Marcos L. Bacariza el 5/17/2019 01:00:00 p. m.
Dende a súa chegada a Vigo, Fran Beltrán sempre se amosou como un apaixoado da língua galega, un idioma co que non tivera relación ata que fichou polo Celta. Hoxe, nun día tan especial para os galegos, o xogador madrileño compartiu nas redes sociais uns versos de Celso Emilio Ferreiro como defensa do uso do galego.
O ex do Rayo Vallecano escribía en Twitter “Feliz día das letras galegas, tedes que estar moi orgullosos do voso”. Un detalle que foi moi aplaudido polos seguidores celestes.
Leer más »
Publicado por Marcos L. Bacariza el 5/17/2017 04:30:00 p. m.
 |
| Foto: RC Celta |
17 de maio, unha das grandes datas do calendario galego. Este mércores é o "Día das Letras Galegas", unha celebración que desde 1963 homenaxea a unha figura relevante da literatura en galego e que este ano está dedicada ao escritor ourensán Carlos Casares.
Coincide esta festividade coa disputa do partido aprazado ante o Real Madrid, en Balaídos, encontro que o RC Celta aproveitará para render o seu particular tributo á literatura galega. Os xogadores celestes lucirán nas mangas das súas camisetas un parche conmemorativo do "Día das Letras Galegas 2017", deseñado especialmente para a ocasión. Ademais, o once inicial saltará ao campo cunhas camisetas nas que cada xogador homenaxeará a un autor, pezas ornamentadas coa bandeira de Galicia e o nome do escritor ou escritora coa tipografía de Castelao.
A celebración das "Letras Galegas" en Balaídos redondearase a través da megafonía. Á hora de anunciar a aliñación, o 'speaker' acompañará o nome de cada xogador participante no encontro coa mención a un autor ou autora galegos. Finalmente, e tras soar o himno do RC Celta, os futbolistas saltarán ao campo co Himno de Galicia.
Nota de prensa
Leer más »
Publicado por Marcos L. Bacariza el 5/17/2016 12:45:00 p. m.
 |
| O poeta Manuel María |
O Celta ven de felicitar aos seus siareiros no día das letras galegas, festividade que se celebra cada ano, e que nesta edición está adicada ó poeta e escritor Manuel María. O clube, a través das redes sociais, adica un breve estracto dun dos poemas máis famosos e fermosos do poeta de Outeiro de Rei, titulado “A fala”.
"O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade"
Dende Moiceleste tamén queremos felicitarvos a todos neste día tan importante para a nosa lingua, especialmente a aqueles que o empregades a cotío, que criades ós vosos fillos ensinándolle esta língua, e agradecendo a todos aqueles que ó longo das últimas décadas mantiveron vivo este idioma, a pesares de non falar un galego normativo. A todos eles, e a todos vos, grazas e parabéns. A seguir, o poema de Manuel María ó completo:
O idioma é a chave
con que abrimos o mundo,
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós,
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
máis grande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte de que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Leer más »
Publicado por Marcos L. Bacariza el 5/16/2012 01:45:00 p. m.
Los celtistas tienen hoy muchos motivos de celebración y dos formas de vestir su estado de ánimo. Las ganas de festejo nacen de la cercanía al ascenso y las formas de equiparse son ahora dos, la oficial y la conmemorativa por el Día das Letras Galegas.
Gracias a un convenio de colaboración entre el club deportivo y Caramuxo Camisolas, saldrá al mercado una línea de productos exclusivos del Real Club Celta de Vigo. El primer fruto es una serie de camisetas que se podrán a la venta en las tiendas oficiales a partir del jueves 17 de mayo y que homenajean el día dedicado a las Letras Galegas.
El proyecto
«pretende reflectir a idiosincrasia do Celta e de Galicia, do galego e dunha das institucións deportivas máis grandes do país, e ademais, conta cos seguidores máis fieis de toda Galicia, que estamos seguros quererán facer a súa propia homenaxe ao seu equipo levándoo no peito». Además, también busca ayudar para la normalización lingüística.
Leer más »