Dende a súa chegada a Vigo, Fran Beltrán sempre se amosou como un apaixoado da língua galega, un idioma co que non tivera relación ata que fichou polo Celta. Hoxe, nun día tan especial para os galegos, o xogador madrileño compartiu nas redes sociais uns versos de Celso Emilio Ferreiro como defensa do uso do galego.
O ex do Rayo Vallecano escribía en Twitter “Feliz día das letras galegas, tedes que estar moi orgullosos do voso”. Un detalle que foi moi aplaudido polos seguidores celestes.
"Eu fáloa porque sí, porque me gosta— Fran Beltrán. (@franbeltran__) 17 de mayo de 2019
e quero estar cos meus, coa xente miña" Feliz día das letras galegas, tedes que estar moi orgullosos do voso 💙 #LetrasGalegas19 pic.twitter.com/hTfToICiTE
0 comments:
Publicar un comentario