Oficial | Galicia xogará un amigable fronte a Panamá o 31 de maio



(EFE) Oito anos despois, a selección galega de fútbol volverá xogar un partido amigable o vindeiro venres 31 de maio contra Panamá, baixo a dirección do exfutbolista do FC Barcelona Thomas Christiansen.

A Irmandiña -como se coñece ao combinado galego- disputou o seu último partido o 20 de maio de 2016 contra Venezuela en Riazor. Con máis de 18.000 afeccionados nas bancadas, o equipo dirixido por Míchel Salgado e Fran González empatou a un tanto co combinado vinotinto.

O rival nesta ocasión será Panamá, que se atopa a preparar a segunda fase das eliminatorias da Concacaf, na que buscará un billete para o Mundial 2026, que se celebrará conxuntamente en EE. UU., México e Canadá. O primeiro partido para a selección de Thomas Christiansen será o 6 de xuño ante Guyana. Tres días máis tarde, o 9 de xuño, visitará Montserrat.

"Hai que ter en conta que é extraordinariamente complicado conseguir un partido deste nivel. Son moitos os obstáculos que hai que superar e agora, con grande esforzo por parte da Federación, danse as circunstancias para que podamos levar a cabo este soño", declarou o presidente da FGF, Rafael Louzán.

Únete a nuestro canal de WhatsApp

0 comentarios:

Publicar un comentario