Iago Aspas: "A selección galega está ao nivel de moitísimas seleccións top"



Nunha entrevista para a Televisión de Galicia, Iago Aspas mostrou a súa ledicia pola volta da selección galega de fútbol, que oito anos despois xogará un novo amigable, desta volta fronte a Panamá: “Moitas ganas e moita ilusión. Levábamos moito tempo sen xogar, é un partido especial para todos, no son para os xogadores, senón para toda a comunidade” 

Iago Aspas revelou que se puxo á disposición da federación para xuntar o mellor equipo posible: “Comentáronme se podía facer forza para traer a algún compañeiro, e dixen que estaría disposto a axudar”. 

Tamén asegurou que a selección galega pode ser moi potente: “Cando o míster faga a lista e intente meter aos mellores, creo que temos unha gran selección, ao nivel de moitísimas seleccións top seguramente”, finalizou. 

Únete a nuestro canal de WhatsApp

0 comentarios:

Publicar un comentario