"Caballero prometeu o Guggenheim do fútbol e imos camiño dunha mala copia da Sagrada Familia"


Foto: Marta G. Brea / Faro de Vigo

O Concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas mostrouse moi crítico coa reforma de Balaídos. O edil nacionalistas queixouse dos retrasos e da calidade da obra: “Caballero prometeu o Guggenheim do fútbol e en realidade imos camiño de ter unha mala copia da Sagrada Familia”

Igrexas engadiu que a reforma estase caracterizando “polos atrasos constantes, nunha improvisación total, nunha chapuza permanente. É moi difícil xestionalo pior”, dixo o voceiro do BNG no consistorio vigués, en declaracións recollidas por VigoÉ. 

Con respecto á reforma da última grada, Igrexas sinalou que “nada se sabe, absolutamente nada, do proyecto de reforma da grada de Gol, que por non ter non ten sequera financiación e ningunha partida no presuposto municipal. Xa abonda de improvisación. Estamos falando do maior investimento nunha obra municipal dos últimos ano, dunha gran dotación do Concello e xa chega de propagando e promesas ocas. É o momento de que Abel Caballero dea a cara ante o pleno para darlle explicacións á cidade”, concluiu.  

0 comentarios:

Publicar un comentario