O Celta relega o galego a unha conta secundaria



O Celta acaba de resolver o problema idiomático cunha decisión salomónica. Despois de que moitos seareiros pediran maior presencia do galego na conta oficial do clube, tomaron a decisión de relegar o galego a unha conta secundario, a imaxe e semellanza do que sucede co inglés, un idioma alleo a Galicia. 

A partir dagora na conta principal do clube, que conta con preto de medio millón de seguidores, só aparecerá o castelán. Outro exemplo da triste política que está a levar o clube co idioma nos últimos anos. Unha medida moi polémica, e que máis alá de calquer condicionante, supón relegar o galego a un aspecto secundario ao poñelo á altura dun idioma que non é propio, como o inglés. 

0 comentarios:

Publicar un comentario