O Celta pide unión á súa afección



O Celta pediu a través dunha nota publicada na súa páxina web, a unión do celtismo para os retos que teñen nas vindeiras semanas os seus tres principais equipos, é dicir, o primeiro, o filial máis o xuvenil, que participará na UEFA Youth League no mes de marzo. A continuación a nota emitida polo club: 

O RC Celta vive un momento tan crucial como ilusionante a nivel deportivo. O seus tres primeiros equipos afrontan unha etapa decisiva, plena de emocións e ilusión, e necesitan empuxe, apoio e confianza para crecer e mellorar, para encarar os seus esixentes retos con enteireza e seguridade. A unión, como tantas outras veces, será determinante nesta fase clave da competición.

O primeiro equipo do RC Celta recibe este venres ao Elche tras o seu valioso e meritorio empate ante o líder cun único obxectivo: sumar unha vitoria que por unha banda enterre a súa senda afastado de triunfos e por outro amplíe o refacho de encontros sen perder, máis sólido tras a súa sensible melloría en rendemento e competitividade no Wanda Metropolitano.

O filial, con dous partidos pendentes aínda, atópase próximo aos postos que permiten soñar cunha mellora. É unha batalla durísima, pero o seu xogo e o seu entusiasmo están, sen dúbida, á altura.

O Xuvenil de División de Honra, do mesmo xeito que o Xuvenil B, lidera a súa táboa clasificatoria e mira xa con máxima ilusión ao seu debut na Youth League, competición para a que se clasificou por primeira vez na súa historia.

A unión, o empuxe e a confianza que reciban serán claves no seu desempeño ante os duros e ilusionantes retos que lles agardan. Necesitan, máis que nunca, unión.

0 comentarios:

Publicar un comentario