CeltaLab1923 suma a colaboración do programa INCUVI-Emprende, da Universidade de Vigo



O ‘hub’ de Innovación CeltaLab1923 suma un colaborador de primeiro nivel grazas ao acordo alcanzado co programa INCUVI-Emprende, da Universidade de Vigo. Para Celta Lab supón alcanzar un dos seus obxectivos, que é xerar sinerxías coa Universidade de Vigo e desta maneira coñecer os proxectos emprendedores que propoñan solucións tecnolóxicas no mundo do deporte. O equipo de mentores do Celta Lab, formado por Hub In, Diesemm e RC Celta ponse a disposición dos mozos universitarios da Universidade de Vigo e os seus proxectos.

Xunto coa colaboración das aceleradoras de carácter sectorial especializadas nos ámbitos da automoción (BFAuto), aeronáutico e de vehículos non tripulados (BFAereo) e alimentario (BFFood) que colaboraron por primeira cos premios Incuvi-Emprende na pasada edición, este ano súmase a cooperación do ‘hub’ de Innovación CeltaLab1923, que achegará valor a todos aqueles proxectos que busquen basear o ser desenvolvemento na transformación dixital do deporte.

INCUVI-Emprende é un programa, da UVigo, de apoio a iniciativas empresariais de base tecnolóxica e de coñecemento en calquera ámbito que ofrece unha formación e mentorización específica de cara á validación das ideas de negocio e á elaboración dun plan de empresa. O programa susténtase na preincubadora de negocios INCUVI que anualmente e a través dun concurso de ideas ofrece espazo para acoller até 11 proxectos nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario