As peñas de Celta e Osasuna ésixen á Liga o cambio de horario do partido do 5 de xaneiro


Foto: Atlántico Diario
As Federacións de Peñas do Celta e do Osasuna emitiron este venres un comunicado no que lle esixen á Liga de Fútbol Profesional o cambio de horario do partido previsto para o día 5 de xaneiro ás 21:00 no Estadio Municipal de Balaídos. 

No comunicado recórdaselle á Liga “que esa xornada ten un compoñente familiar moi especial para a meirande parte dos seguidores do fútbol, que mesmo adoitan aproveitar para levar os máis pequenos da casa aos estadios. Así, as Federacións sinalan que o horario das 21.00 horas non só lle pon trabas a que os nenos poidan acudir a Balaídos, senón que ademais suporá tamén problemas para adultos, nunha noite tan sinalada e tradicional como é a de Reis.”

Máis adiante indicase que “o horario estipulado pola Liga é unha auténtica falta de respecto, que se une a outras ocasións nas que a entidade que preside Javier Tebas ten posto os intereses económicos a curto prazo por diante dos seguidores”, e queixanse porque os outros partidos xogados ese día “vanse iniciar antes des catro da tarde, quedando totalmente descolgado o Celta - Osasuna”. 

A continuación tedes o texto completo. 

0 comentarios:

Publicar un comentario