O Concello da marcha atrás e asegura que non pon en dúbida a versión dos siareiros celestes


O Concello de Vigo quixo aclarar este mércores o informe dos técnicos, no que se aseguraba que os desprendementos non gardaban correlación coa estrutura da grada, asegurando que en  ningún momento puxo en dúbida a palabras dos siareiros celestes: “En ningún momento o Concello de Vigo pon en dúbida a existencia dos citados restos”,

Aclarando ademáis que “non forman parte do soporte estrutural da grada, principalmente conformada con formigón e aceiro, senón que asemellan ser morteiro ou algún material similar cunha función complementaria á estrutural, como se indica no citado comunicado”, expresan dende o Concello nun comunicado do que se fai eco La Voz de Galicia. 

Por último suliñan que nos exames realizados non se aprecian “patoloxias estruturais polo que o desprendemento non está asociado á estabilidade estrutural da grada de Marcador”.  Tamén indican que nos vindeiros días seguirán a revisar a grada para “concretar a causa do desprendemento e garantir a seguridade de todos os espectadores”

0 comentarios:

Publicar un comentario