Hugo Mallo: "Para superar os partidos de Manolo precisaría algún contrato máis"


Foto: Alba Villar/Faro de Vigo
Hugo Mallo ten claro cal é o esu obxectivo antes da retirada: Superar os 532 partidos que Manolo, o gran capitán dos anos setenta, xogou no Celta. Polo momento acumula 317 encontros coa camisola celeste, e sabe que para acadar esa marca terá que xogar máis aló do que marca o seu actual contrato, que vence en xuño de 2023. 

En unhas declaracións feitas na Radio Galega, amosou a súa intención de seguir no Celta moitos anos máis: “Son conscente de que con esta renovación é moi difícil sair, pero é que a miña intención non é sair. Renovei e non quero sair, nin para probar unha experiencia. Agora mesmo diría que non”, resaltou. 

Sobre o récord comentou que quere “alcanzar a Manolo, pero dame que precisarei algún contrato máis, si non, non me van dar os partidos”. As contas, efectivamente, non lle darán, incluso xogando 40 partidos por tempada, precisaría máis de cinco tempadas completas, sempre que o Celta non xogue en Europa, porque nese caso o número de encontros subiría de forma significativa. 

0 comentarios:

Publicar un comentario