Borja Iglesias: "Creo que nunca xogaría no Depor"


Borja Iglesias pasou o pasado domingo polo plató da Televisión de Galicia, no mítico programa “En Xogo”, onde falou da súa estadía no Espanyol e do seu paso polo Celta. O “Panda” recoñece que e difícil que poida voltar ao equipo celeste, pero que asegura estar “moi agradecido ó Celta, ainda que tomáramos camiños distintos”. 

Unha das preguntas que lle fixeron foi acerca do eterno rival do Celta, o Deportivo, en concreto pola posibilidade de xogar algún día no equipo de Riazor: “Creo que non. Non sei no futuro, pero creo que non”, explicou, sen pechar de todo a porta, pero poñendo en dúbida esa posibilidade”. 

O ex xogador do Celta está a ofrecer un gran rendemento no Espanyol, onde xa acumula 8 goles. O equipo de Rubi comezou a tempada a gran nivel, pero foi baixando co paso das xornadas, e xa está por debaixo do Celta despois dun inicio espectacular. 

Ficha de Borja Iglesias en Yo Jugué en el Celta

0 comentarios:

Publicar un comentario