Hugo Mallo: "Quixemos que a xente estivera orgullosa do equipo"


Foto: LFP
Hugo Mallo pasou pola zona mixta de Balaídos ao remate do encontro ante o Real Madrid, para atender a Celta Media. Resumindo o partido, o de Marín considera que “o equipo fixo un bo traballo, un bo esforzo, a foi a efectividade a que marcou o partido. Tenemos que quedarnos co bo e correxir erros”, suliñou. 

O capitán celeste cree que a xogada que da orixe ao 1-3 foi determinante: “O penalti é totalmente decisivo, e fai que o partido se nos vaia das mans, pero o equipo estivo con gañas de sobrepoñerse e tentámolo ata o final, incluso con un menos. Quixemos que a xente estivera orgullosa do seu equipo”

Por último falou do seu gol e da conexión que forma con Brais Méndez: “Estou moi cómodo xogando con él. Unha pena que o gol non serve para sacar nada positivo”, finalizou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario