![]() |
Foto: RC Celta |
O “gato” de Catoira prefiere ver a botella medio chea: “Sempre analizas os partidos e tentas correxir o que non fixeches ben, pero é importante resaltar algún aspecto positivo. O equipo empeza perdendo, empata e que se poñan por diante ao momento e marquen o 3-1 ao pouco de comezar a segunda parte é duro, pero tivo a iniciativa de seguir pelexando e engancharse ao partido, e crer nunn empate que non chegou por pouco. O equipo vai pelexar ata o último minuto polos partidos pase o que pase”, destaca.
Dese encontro, recoñeceu que “non estivemos a nivel defensivo grupal coma noutros partidos”. E de cara ao partido da fin de semana fronte ao Real Valladolid: “Vai ser un partido complicado. O Valladolid ven demostrando que é un rival difícil, sólido, que encaixa moi poucos goles, que é un equipo moi compacto que se xunta e defende ben. Temos que ter paciencia, non desesperarme, mover ben e rápido o balón. Se marcamos pronto cambiarán as cousas, pero non hai que desesperarse”, conclúe.
0 comments:
Publicar un comentario