Iago Aspas: "Unzué tiña moi boas ideas pero o mensaxe non calaba"


Foto: Atlántico Diario
No día de onte Gustavo Cabral foi moi crítico con Juan Carlos Unzué nunha entrevista publicada polo diario As. Pola noite, Iago Aspas tamén falou do seu ex adestrador no programa “Ao Contraataque” da Radio Galego. O moañés foi máis comedido, pero tamén criticou algún aspecto do traballo do técnico navarro durante a súa estadía no Celta. 

A clave, segundo o xogador de Moaña, foi a dificultade que tiña o navarro para transmitir as súas ideas ó grupo: “Tiñan unhas ideas moi boas pero a mensaxe non calaba ao cen por cen, sabendo as boas cualidades que tiña o corpo técnico”, suliñou. 

Además, destacou as diferencias entre a preparación dos partidos o ano pasado e como se traballan os encontros neste curso: “Este ano traballamos outro tipo de tácticas, xogando contra cada equipo dunha maneira diferente en función do rival. O ano pasado era diferente, a táctica era máis global”, resaltou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario