Aspas: "A Emre Mor temos que axudarlle entre todos"


Foto: Elvira Urquijo
Emre Mor é un dos xogadores máis importantes do Celta, e o feito de que non acabe de dar o mellor de sí mesmo é algo que preocupa á afección… e tamén aos seus compañeiros. Onte Iago Aspas estivo no programa “Ao Contraataque” da Radio Galega, e foi preguntado precisamente polo seu compañero, o internacional turco, que non acaba de trunfar no Celta. 

Cuestionado pola rebeldía que tiña Iago Aspas cando era novo, preguntáronlle se se vía reflexado no seu compañeiro: “Quen me dera poder reflexarme nel, porque ten unha oportunidade grandísima, con 21 anos recén cumpridos, está nun grande clube no que se aposta por él, e a pelota está no seu tellado, de focalizar todo o fútbol que lle vemos nas fins de semanas”, salientou o ariete de Moaña. 

O turco-danés trasladouse recentemente a Moaña, e Aspas bromeou sobre esto cando lle preguntaron se o tiña controlado: “Máis ou menos sí”, e aclarou as dificultades para comunicarse con él: “É un pouco difícil porque non sabe case nada de español. Ten que poñer un pouco máis da súa parte. Eu trato de explicarllo no me galego de Moaña. Temos que axudarlle entre todos porque ten unhas cualidades magníficas”, concluiu. 

0 comentarios:

Publicar un comentario