Aspas: "Esperemos falar co clube dentro de pouco para ver se chegamos a outro acordo"


Foto: Salvador Sas
Iago Aspas estivo esta noite no novo programa da Radio Galega, “Ao Contrataque”, que dirixe Pedro Pablo Alonso, e que este xoves se emitiu en directo dende o salón rexio da Sede do Celta. O xogador de Moaña estivo acompañado por Brais Méndez, e falou de diversos temas, entre eles da súa continuidade no Celta. 

O dianteiro celeste asegura que se ve “no Celta ata 2022, agardemos que ata o centenario polo menos”, e envíou unha solicitude pública ó clube: “Esperemos falar co clube dentro de pouco para ver se chegamos a outro acordo”, suxeriu, ainda que recordou que non falou co clube. 

Sobre os rumores que xurdiron no verán, Iago indicou que “ofertas non sei se houbo, hai que preguntarlle ó clube. Eu sempre dixen que estaba moi contento, que ía ser moi difícil que pasara algo neste mercado. O primeiro interesado ten que ser do Celta, eu non ía sair nunca a malas co clube. Cando saín en 2013 era un impulso para mín, e foi moito diñeiro o que pagaron por min ao Celta”, suliñou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario