Sergio: "Sendo egoísta, quero que Iago siga aquí"


Moito se está a falar nas últimas semanas da continuidade de Iago Aspas no Celta. O canteirán é o xogador de referencia do equipo, e os seus compañeiros non queren que deixe o Celta, ainda que remiten ó propio interesado a decisión final. 

Sergio Álvarez, que onte foi nomeado fillo predilecto de Catoira, falou para a Radio Galega sobre a posible saida do dianteiro: “Aspas é un referente para nó, é evidente, pero o que ten que decidir o seu futuro é él, él é quen decide se segue ou non, se é un paso adiante na súa carreira ou non. É o seu futuro”. 

Eso sí, Sergio ten claro o que quere: “Sendo egoísta, claro que o quero aquí”, explica, e tamén falou sobre as súas opcións no Mundial: “Para min Iago debe xogar sempre. Levao demostrando moitos anos, este ano fixo unha gran campaña, con goles e dando posibilidades ós seus compañeiros. Apórtanos moito más que goles, e na selección pode aportar. É descarado, é un amigo e sempre debe xogar”, finalizou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario