O RC Celta entrega este xoves a Insignia de Ouro do club a 75 abonados


O Real Club Celta rende homenaxe este xoves a 75 fieis celtistas. O Salón Regio de A Sede acollerá a partir das 18:30 horas o acto de imposición das Insignias de Ouro aos abonados celestes que cumpriron 50 anos de antigüidade. Para o RC Celta, e todos os que forman parte do club, trátase dunha data moi significativa e especial, cargada dunha gran emotividade e orgullo pola enorme fidelidade destes celtistas.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario