Sergio sobre o Deportivo: "Non me vou alegrar das desgracias alleas"


Foto: Atlántico Diario
O pasado domingo lanzábamos unha enquisa nesta web na que vos preguntábamos se vos gustaría que o Deportivo descendera. A situación clasificatoria do equipo herculino é un tema de conversación recurrente entre os siareiros galegos, e por suposto o celtismo non é alleo. A Sergio, gardamallas do Celta, preguntáronlle o pasado domingo no programa “En Xogo” da TVG por esta cuestión e mantivo a tese exposta hai unhas semanas en rolda de prensa: 

“Eu fíxome no Celta, pero teño claro que non me voy alegrar das desgracias alleas”, comentou o de Catoira. O conxunto coruñés ocupa a antepenúltima posición da tabla, a 8 puntos da salvación que marca nestes intres o Levante, cando quedan 21 puntos en xogo. A situación é verdadeiramente complicada porque ademáis o calendario tampouco é doado nesta fase da tempada. 

0 comentarios:

Publicar un comentario