Sergio: "É lóxico que a xente nos esixa o máximo"


Foto: LFP
Sergio Álvarez pasou este mércores pola sala de prensa de A Madroa para analizar diversos aspectos da actualidade celeste. Entre outras falou sobre os silbidos que recibiu o equipo no último partido: “A maioría sempre nos anima, temos que ver o positivo, ás veces centrámonos só no negativo. Vimos dunha boa tempada e é lóxico que a xente nos esixa o máximo, nós tamén queremos gañar sempre”, recordou. 

O gardamallas celeste tamén se referiu á reacción de Rubén Blanco cando recriminou á grada os pitos: “Sabe o ten que facer, eu sempre intento dar o mellor de mín. O bo do fútbol, o que o fai grande, é que todo o mundo pode opinar, por iso ten tanta repercusión”, e engadiu que non é quen para darlle consellos: “Non é a miña maneira de ser, non me sentiría cómodo facendo eso. Teño a miña opinión pero respecto a dos demáis”, explicou. 

O canteirán tamén se referiu ó feito de que o Celta aliñase durante 500 partidos consecutivos alomenos un xogador galego: “É un orgullo, hai que darlle moito valor. O clube medrou a partir da canteira. Oxalá sexan outros 500 e sigamos nesa liña, non podemos perder esta cantera que é a que permitiu ó club seguir medrando”. 

0 comentarios:

Publicar un comentario