Sergio non quere que o Deportivo descenda


Foto: Marta Ojeda
Sergio Álvarez tamén se referiu esta tarde á situación que atravesa o eterno rival do Celta, o Deportivo, na súa loita por manter a categoría. O equipo herculino atópase a 7 puntos da permanencia e acumula 14 partidos sin conquerir a vitoria, polo que conta con moitas posibilidades de perde-la categoría cando remate a presente tempada. 

Preguntado polo momento que está atravesando o rival do Celta, Sergio teno claro:  “É unha situación complicada, sabémolo polo noso primeiro ano, pero é certo que aínda que estemos centrados en nós gústanos xogar ese derbi e cantos máis equipos galegos haxa en Primeira, mellor”, suliñou. 

Celta e Deportivo viven tódolos anos derbis intensos no que só unha bancada remata feliz. Son moitos os afeccionados de un ou outro equipo que prefiren ver ó seu rival nunha categoría inferior, mentras que outros sinxelamente queren velo por debaixo na clasificación, pero na mesma categoría. Sergio parece ser un destes últimos. 

0 comentarios:

Publicar un comentario