¿Queres participar nun videoclip de Keltoi en Balaídos?


O grupo Keltoi gravará o vindeiro domingo 25 de marzo un videoclip no estadio de Balaídos, pertencente ó seu tema “Unhas cores, un sentimento”, no que convidan a tódolos afeccionados a participar. O vídeo gravarase na bancada de Gol, onde se situarán os siareiros, detrás do grupo. Máis abaixo tedes a convocatoria, na que se especifica que non poden acudir menores de 16 anos xa que su usarán bengalas. 


Amigos e amigas Celtistas,
Non era sen tempo que as prediccións meteorolóxicas anunciaran unha pequena tregua nestes meses de chuvia e vento. Así que por fin podemos confirmar que o vindeiro domingo 25 de marzo remataremos en Balaídos a gravación do videoclip de “Unhas Cores, Un Sentimento”.
A convocatoria será para gravar planos da bancada de Gol cos siareir@s detrás de Keltoi! animando, botando e encendendo bengalas e botes de fume mentres o grupo “fai que toca” o seu tema adicado ao Celta.
Ademáis das peñas e colectivos coas que máis contacto temos (e que xa recibiron comunicacións previas), decidimos tamén abrir a convocatoria a outras peñas celtistas coas que non temos tanto contacto pero tamén queremos que participen e se vexan representadas. Non deixa de ser un video feito por e para Celtistas e cant@s máis sexamos, mellor. Non hai entón, cupo mínimo de xente.
Tamén vos queremos convidar a unirvos ao proxecto ás ducias de celtistas anónimos que de xeito individual comentaches o voso desexo de participar.
Así pois, estades todos e todas convidad@s. Só pedimos que por favor non traiades menores de 16 anos pois con bengalas e botes de fume polo medio, non podemos correr ningún risco e así nolo fixeron saber dende o clube.
Vestiario: cada quen que veña como queira (bufandas, bandeiras...), como iría a Balaídos nun día de derbi por exemplo. Tentaremos reflectir dun xeito natural a paixón que se vive nos desprazamentos masivos ou nas grandes citas do celtismo. Buscamos celtismo activo e trouleiro*, moz@s (valen de espíritu) con gañas de pásalo ben e vivir unha experiencia diferente na casa do Celtismo.
Calculamos que nun par de horas estará o choio feito, así que por se acaso, convocámosvos a todos e todas a participar nun horario de 15.00 a 18.00. Agardamos por vós ás 15.00 do domingo 25 na zona das taquillas da bancada de Gol. É moi importante a puntualidade pois imos moi apretados de tempo para a gravación e dependemos da luz natural.
Ante calqueira dúbida, podedes contactar coa compañeira encargada da producción: María Domínguez : mariadominguezcarrera@gmail.com ou co grupo vía semprekelt@gmail.com
Entre todos e todas faremos un videoclip digno da mellor afección e do mellor equipo!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario