![]() |
Foto: Xoan Carlos Gil/La Voz de Galicia |
Yoel volveu a entrar nunha convocatoria do Eibar despois da súa lesión, e fixoo nun partido moi especial para él como o de Balaídos. O cancerbeiro de Coia expresou a súa ledicia por este feito ó remate do encontro: “Xa estaba feliz porque volvía entrar na convocatoria, e cando é na terriña, aínda mellor”, suliñou en declaracións a Celta Media ó remate do encontro.
Un partido no que foi moi ben recibido pola súa ex afección: “Esta foi a miña casa durante moitos anos e ser ben recibido é unha alegría”, destacou Yoel, que se mostra agradecido á afección do Celta polo seu apoio cando se mancou: “Despois de sair a nova moita xente de aquí mostroume o seu apoio. Sempre vou estar agradecido á afección do celta, e esta vez non será menos”.
Por último volveu defender o valor da canteira de porteiros do Celta: “Aquí en canto á canteira non hai duda, así o amosei eu no seu momento e o están amosando eles agora”, finalizou.
0 comments:
Publicar un comentario