Afouteza, elixida palabra do ano 2017


Foto: RC Celta
A palabra Afouteza ten un significado moi importante para o celtismo durante este ano 2017, e parece que tamén para moitos galegos, xa que ven de ser escollida a palabra do ano tralos votos emitidos no portal das Palabras, onde concorría xunto con outras cinco frases para ser escollida como a palabra do ano. 

Afouteza acadou o 48% dos votos totales nesta iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para promover a difusión da lingua galega en internet. O termo forma parte do himno do Celta e foi un elemento clave na campaña de abonados do Celta para o curso 2016-17, e tamén na promoción da eliminatoria europea fronte ao Manchester United, acadando entón a maior relevancia, que convertiu a esta palabra na máis buscada no diccionario online da Real Academia Galega. 

O concurso rexistrou un total de 6.228 votos, sendo 3.004 os que votaron por afouteza. A segunda posición for para “Independencia”, con 939 votos, mentras que “Sapoconcho”, con 830 ocupou a terceira posición. 

0 comentarios:

Publicar un comentario