Afouteza, candidata a palabra do ano 2017


A Real Academia da Língua Galega propón a través do portal das palabras, a elección da palabra do ano, á que concorren 8 candidatas, entre elas Afouteza, termo que popularizou o Celta durante este ano 2017, e que durante moitas semanas foi a máis buscada no diccionario online da RAG. 

A palabra gañadora sucederá a “irmandade”, que foi a máis votada na elección de 2016. O ano anterior foi "refuxiados" e en 2014 "Corrupción", así que a votación vai moi ligada á actualidade.  Afouteza concurre con outros 7 termos que este ano estiveron máis ou menos de moda, algúns deles por desgraza: Eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero. 

Podedes votar neste enlace. 

0 comentarios:

Publicar un comentario