A marabillosa capacidade de facer algo distinto


Foto: LFP
Deberiamos  facelo mellor.

O personaxe de Clay Jensen sae do despacho  dáse a volta e dille ao orientador Mr. Porte: " Non o facemos ben. Deberiamos coidarnos máis, querernos máis".  O orientador todavia limpa as bágoas que corren polas súas fazulas.

Clay Jensen  rematou  de explicar como se suicidou a personaxe Hanna Baker. Alguen a quen quixo. Alguén a quen amou.

' E morreu soa' acáballe de espetar.

Logo sae da habitación acristalada. Soa un versión infame de Selena Gomez do 'Only You' de Yazoo. Fin da escena. Capitulo final de ' Thirteen Reasons Why'. Moito que aprender desta escena. Moito que aprender, en xeral do expresado en toda a serie..

Extrapolable
.
Moito.

Non o facemos ben.

Partido do outro dia, diante do Espanyol. Mergúllome  na rede: Os fíos de certo foro son un clamor. Mamporros, mamporros a todo o mundo:  xogadores, técnico, directiva, árbitro. A longa sombra de Berizzo é unha escusa excelente para machucar a quen sexa. Nada máis terminar o partido, aparece un comentario na fronte desa web. Máis mamporros. Outra máis  efectúa o mesmo movemento táctico na búsqueda da cachola de Turco sinxela. ' Unzué Que lle fixeches a este equipo? ', ' Este técnico non comerá o turrón en Vigo'. Aí queda iso.  As webs son como os lexionarios: cheas de redactores que son noivos da morte. Aquí o meu fusil, aquí a miña pistola.

Golpe. Mamporro.

Non, Non o facemos ben.

Hai dereitos fundamentais na vida. Un deles é o dereinto equivocarse. Existe o dereito para equivocarse como existe o dereito para respirar, a beber, a rir, a chorar, a tentar, a traballar...

Tanto custa dar tempo a alguén para que a súa idea calle? Custa tanto ser coherente, ter paciencia?

Vexo o calendario. É Setembro. Verán morto, verei ás mozas pasar. Parece que fose Febreiro cos nervios a flor de pel.
Non podemos ter paciencia. O afeccionado non a ten.

Cústanos tanto arroupar a alguén? É tan dificil? Démoslle un tempo, nin moito nin pouco ao míster.  Non sexamos tan impacientes. Deixemos que Unzué ténteo. Se fracasa, evidente sobrará tempo, e será verdade as profecias das webs do tortazo fácil  e os agoreiros futbolísticos . Non se preocupen vostedes: non hai profesión máis resultadista que o maldito fútbol, se non lle sae, levarano por diante. Agora ben... mentres tanto deixémoslle a súa idea. Démoslle un tempo. Porque ó mellor remata tendo razón.

Non busquemos un titular fácil e sinxelo. Non apostemos por ser os apóstoles putrefactos do desmorone. A voz cantante ante a estampida.

Non nos convirtamos, como afección no personaxe de Clay Jensen.  Non digamos dentro duns anos ' Unzué fracasou só, deixámolo só coa súa idea' cando botemos a vista atrás.

Deberiamos de coidarnos máis, querernos máis coma afección, coma siareirios, coma colectivo. Vivir levando a contraria aos designios dos tipicalismos do fútbol.

Aínda que sexa só por ter esa marabillosa capacidade que temos como Celtistas de facer algo distinto.

0 comentarios:

Publicar un comentario