[Vídeo] Os rapaces da escola de Brasov adestran na Madroa


Foto: Fundación Celta
Os alevíns da escola da Fundación Celta na cidade romanesa de Brasov pasaron dez días en Vigo coñecendo de primeira man as instalacións da Madroa e adestrando cos preparadores celestes. Durante a súa estancia, os mozos puideron disputar o Torneo Erizana en Baiona e o Torneo Arousa F7 cup nos que participaron defendendo as cores da escola celeste e medirse aos alevíns do RC Celta nun torneo amigable.
O coordinador da escola Hector Martínez foi o responsable de acompañar aos deportistas durante a súa estancia en Vigo na que puideron coñecer máis de preto a metodoloxía e a filosofía de traballo da canteira celeste, algo que a Fundación Celta considera esencial para o desenvolvemento dos mozos deportistas, especialmente aqueles que pertencen ás escolas internacionais.

0 comentarios:

Publicar un comentario