Sergio: "Antes de nada hai que asegura-la permanencia"


Sergio Álvarez, porteiro do Celta, prevé unha tempada 2016-17 “longa e difícil” trala clasificación para a Europa League, polo que suliñou a importancia de comezar “con paso firme” a súa andaina na Liga: “Antes de nada hai que asegura-la permanencia e intentar estar nunha zona tranquila, logo se podemos estar un pouco máis arriba, moito mellor. E tanto na Copa do Rei como na UEFA teremos que comenzar con calma, pero coa idea de seguir medrando porque equipo é ambicioso”, manifestou en rolda de prensa. 

O gardamallas galego amosouse “moi ilusionado” co novo curso, e apostou por traballar “forte” dende o inicia da pretempada para “porse a punto” de cara ao inicio do campionato: “Vexo ao equipo preparado e capacitado para afrontar as tres competicións”, indicou Sergio para quen as fichaxes de José Naranjo e Álvaro Lemos viranlle ben ao equipo porque “son xente con moita ilusión e moitas ganas de triunfar e nese aspecto seguro que nos van axudar”, comentou. 

Preguntado pola posibilidade de que o clube fiche a un terceiro porteiro para cumpli-lo desexo de Berizzo, o canteirán respondeu que “eu sempre digo que estou aquí para entrenar día a día, para chegar o mellor posible a cada partido e logo eles son os que teñen que tomar esas decisións”. 

En todo caso, Sergio Álvarez, que a pasada tempada foi titular en 31 partidos de Liga, considera que tanto él como Rubén Blanco fixerono ben cando lles tocou xogar estas dúas últimas tempadas. Por último valorou de forma positiva o derbi que xogarán ante o Deportivo en Montevideo, que lles permitirá vivir “unha experiencia nova nun país diferente”, rematou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario