Trashorras pon ó Celta como exemplo para o Deportivo


Foto: Marca
Roberto Trashorras está de vacacións na Coruña, onde reside parte da súa familia. A TVG entrevistou ó de Rábade, ex xogador do Celta, que actualmente milita no Rayo Vallecano sen saber aínda cal vai ser o seu futuro. O Deportivo é unha das opcións das que se falaron ao longo deste verán: "Un equipo cunha masa social e unha cidade detrás moi importantes, a historia que ten, un equipo como o Depor é loxicamente un equipo importante. Todos os anos lemos que se Depor, Celta, volver a Galicia, hai que esperar."

Descoñecemos cando se falou da súa posiblidade de voltar ao Celta, pero en todo caso, o de Rábade aconsella ao Deportivo que tome ó Celta como exemplo: "Un equipo moito máis estable, agora conseguiron volver xogar en Europa, facendo un dos mellores fútbol da categoría. Creo que é un equipo que vai ir a máis. Creo que o Depor debería facer así: asentarse ben e logo mirar cara arriba”, suliña un Trashorras que asegura que a súa primeira opción é pelexar polo ascenso con Rayo Vallecano. 

0 comentarios:

Publicar un comentario