Sergio: "Sei que o club ten confianza en min"


Foto: Celta
Sergio Álvarez aproveitou un acto da súa peña “O Gato” de Catoira, pare asegurar que se sente plenamente respaldado polo clube: “Sei que o club ten confianza en min, e iso é importante”, rematou o canteirán, que considera normais todolos rumores: “No verán sempre hai moitos rumores, dinse moitas cousas”, apuntou en declaracións que recolle este sábado La Voz de Galicia. 

A pesares de que o Celta sempre nega estar a buscar un porteiro, son moitos os rumores que sitúan a varios gardamallas no órbita celestes. Miguel Ángel Moyá, de quen falou onte Faro de Vigo, Willy Caballero ou Vicente Guaita son só algúns dos xogadores que se barallan para unha posición clave en calquer clube. 

Sergio tamén aproveito para defende-lo traballo do seu compañeiro de portería nos últimos dous anos: “Rubén e eu demostramos que estamos capacitados para defender a portería do Celta, pero en todo caso quen ten que tomar ese tipo de decisións é o adestrador do club, non somos os xogadores”, concluíu. 

0 comentarios:

Publicar un comentario