Carlos Mouriño fala do futuro de Nolito


Foto: Miguel Riopa/Getty Images
O Presidente Mouriño continúa coa súa roda de entrevistas e esta fin de semana pasou pola TVG, nunha entrevista repartida en dous bloques, dos que o ente autonómico emitiu onte o Primeiro. Entre outras cousas, o Presidente céltico referiuse a posibilidade de que Nolito poida sair este verán. 

Mouriño asume esa posibilidade, aínda que tamén contempla a opción de que siga uns anos en Vigo: “No caso de Nolito sempre dixemos o mesmo, se se queda moi ben, porque nos vai dar uns anos en plenitude, e se pagan a cláusula pois perderemos un xogador de referencia, unha individualidade, pero con ese diñeiro, como xa non o necesitamos para outras cousas, xa que temos os presupostos completiños, reforzaríamos o equipo, que perdería en individualidade, pero gañaría en conxunto”.

En Casa Celta tentan reter a Nolito, porque saben da súa importancia, pero tamén saben que con 18 millóns o equipo podería reforzarse convintemente. O que parece evidente, e xa se demostrou este mes de xaneiro, é que o clube non facilitará a súa saída. 

0 comentarios:

Publicar un comentario