Sergio: "Rubén e máis eu estamos capacitados para defende-la portería do Celta"


Foto: Miguel Riopa/Getty Images
Sergio Álvarez, porteiro do Celta, afirmó estar “tranquilo” a pesar de que o seu adetrador, Eduardo Berizzo, quere reforza-lo plantel cun terceiro gardamallas, algo que, segundo o de Catoira, non é preciso porque “tanto Rubén coma eu amosamos que estamos capacitados para defende-la portería do Celta”. “Eu non son quen decide se hai que fichar ou non. Eu vou face-lo meu traballo para tentar xogar todolos partidos coma fixen sempre. Se ven alguén ou non xa é unha decisión do adestrador”, comentou a EFE Sergio. 

Coa chegada do técnico arxentino afianzouse na titularidad. A pasada tempada foi titular nos 38 partidos de Liga, e no recén rematado campionato xogou un total de 31 partido, 30 deles completos: “Creo que tanto Rubén coma eu temos amosado que estamos capacitados para defende-la portería do Celta, pero os que teñen que tomar esa decisión son o clube e o adestrador. Nós estamos para traballar día a día  e axudar ao equipo a seguir medrando”, destacou. 

Ademáis, manifestou que a tempada que ven de rematar foi a mellor, tanto a nivel individual como colectio: “Acadamos a sexta praza nunha Liga tan difícil como a española, e a nivel individual tamén estou moi contento porque cada vez que me tocou xogar tentei axudar o máximo, e creo que o conseguín”, suliñou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario