![]() |
Foto: Álex Caparrós / Getty Images |
Sergio Álvarez, gardamallas do Celta de Vigo, sinalou hoxe que acada-la clasficación para unha competición europea “ten un valor inmenso”, e apuntou que a plantilla marcouse como reto “defender” o quinto posto nas últimas seis xornadas, o que daría o acceso directo á fase de grupos da Liga Europa do vindeiro curso. “Ao principio da tempada marcamos como único obxectivo a permanencia, por eso ninguén pensaba estaba quintos a estas alturas da Liga. Temos unha ilusión enorme de defender esa quinta plaza, imos a loitar ata o final para acadalo”, comentou o canteirán.
A última vez que o Celta se clasificou para un torneo continental foi na tempada 2005-06, cando Fernando Vázquez era o técnico daquel equipo e Sergio Álvarez xogaba no filial, pero adoitaba adestrar co primeiro plantel: “Valorarei máis esta clasificación, se ao final se acada, porque agora teño moito máis protagonismo no equipo y porque sei as dificultades polas que pasou o clube, con momentos difíciles e duros nestes últimos tempos”, indicou.
O equipo que adestra o arxentino Eduardo Berizzo é actualmente quinto na clasificación, con 52 puntos, 11 máis que o Málaga, oitavo clasificado. Ao Celta tamén lle chegaría con rematar a Liga no séptimo posto para volver a Europoa, aínda que neste caso tería que xogar a fase previa da Liga Europa.
0 comments:
Publicar un comentario