A peña celtista de Verín viste a Carlos Mouriño de Cigarrón Celeste na súa inauguración


O celtismo segue a espallarse por moitos puntos da xeografía mundial, e por suposto tamén por Galicia. Onte mesmo inaugurouse a peña celtista de Verín, que leva por nome Cigarrón Celeste, como homenaxe á máscara característica do entroido da vila ourensá. Os membros da peña describen a noite como inesquecible. Contaron coa presencia do Presidente Carlos Mouriño, así coma os xogadores Carles Planas e Sergi Gómez. Tamén asistiou o ourensán Primitivo Ferro, conselleiro do Celta. 

Un dos momentos máis fermosos da noite tivo lugar cando a peña lle entregou a Mouriño o seu agasallo, un cigarrón customizado co escudo do Celta, que o mandatario non dubidou en poñerse para desfrute dos presentes. 

A peña celtista de Verín xa realizou unha viaxe conxunta para presencia-lo partido ante a Real Sociedade. Ten varios socios ubicados na grada de Marcador, e quere ser unha referencia para o celtismo da súa comarca. 

Dende moiceleste queremos desexarlle a mellor das sortes a esta nova peña na súa andaina. 


0 comments:

Publicar un comentario