![]() |
Foto: LFP |
O porteiro do Celta, Sergio Álvarez recoñeceu que xogar un derbi contra o Deportivo “sempre é especial”, pola rivalidade existente entre os dous clubes, e de todolos que xogou dixo que nunca esquecerá o da pasada tempada, cando detivo un penalti no minuto 89 ao bosnio Medunjanin, evitando o empate do Deportivo: “O meu mellor recordo é a vitoria do ano pasado na nosa casa, axudando ao equipo a gaña-lo partido con ese penalti parados nos últimos minutos. Sempre será un recordo inesquecible e sempre estará na miña cabeza”, comentou en rolda de prensa.
O canteirán admitiu que no vestiario celeste hay “gañas” de resarcirse da derrota da primeira volta en Riazor, onde o Deportivo superou ó Celta nun dos piores partidos da tempada do conxunto dirixido por Berizzo: “Un derbi sempre é un partido importante, tanto para a afección como para a cidade. Tentaremos preparalo o mellor posible esta semana para acadar os tres puntos o sábado, que serían importantes para seguir onde estamos e darlle unha alegría á nosa afección”, indicou.
Sergio afirmou que non quere “excusas” e avisou que nin as baixas por lesión nin as viaxes coas súas respectivas seleccións dos nove internacionais celestes poden servir para xustificar calquer resultado que non sexa a victoria: “É certo que un partido sempre se prepara mellor estando todos, pero xa estamos acostumados a que se marchen xogadores. As circunstancias son as que mandan e non podemos buscar excusas en baixas de xogadores que non poden estar connosco”, advertiu.
A pesares de que o Celta aventaxa en doce puntos ó seu eterno rival na clasificación, o porteiro de Catoira eludiu o papel de favorito: “As dinámicas neste tipo de partidos non importan, con eso non nos chegará para gañar o derbi. Nós xogamos na casa e por iso podemos ter unha pequena vantaxa, pero creo que non podemos falar de favoritos porque os derbis sempre son igualados e calquera dos dous pode gañar”, suliñou.
0 comments:
Publicar un comentario